Catro Ventos Editora é unha cooperativa de traballo asociado sen ánimo de lucro fundada en Vigo en 2016 e constituída por catro persoas socias, todas procedentes e especializadas en diferentes eidos, pero cuns valores e preocupacións comúns.

A idea de pór en marcha a editorial xurdiu da combinación de dous elementos igual de importantes: o desexo de poder desenvolver unha actividade profesional que non só sexa viable economicamente, mais tamén coherente cos principios éticos das persoas socias que participamos no proxecto; e a constatación de que existe un baleiro no mundo editorial galego nos eidos da economía social e da ecoloxía, malia o interese cada vez maior da sociedade en xeral por estas cuestións.

Desde o comezo tivemos claro que o noso era o modelo da economía alternativa e solidaria, no que os principios éticos, ambientais e sociais son cando menos igual de importantes cós principios económicos e profesionais.

36202 – Vigo