Fecha y Hora: 
Vie, 16/12/2016 - 09:30 - 19:15

Lugar de la actividad: 
Centro Cívico Municipal Mallos. Avenida de Arteixo, 147 (A Coruña)

O modelo económico dominante non ten solucionado os graves problemas aos que nos enfrontamos, senón que máis ben os ten agravado. Trátase dun modelo económico baseado na maximización do beneficio, a acumulación de capital, o egoísmo e a avaricia e que ten provocado grandes desequilibrios, tanto a nivel social, incrementando as desigualdades, como a nivel ambiental, xerando a sobreexplotación dos recursos naturais e poñendo en grave perigo a sustentabilidade do planeta.

Diante das limitacións deste modelo, xurden modelos alternativos como a Economía Social, a Economía Solidaria, a Economía do Ben Común, a Economía Colaborativa, etc.. Estos modelos teñen factores comúns como a primacía da persoa e a sustentabilidade, pero amosan distintas características que convén coñecer e avaliar.

Poden ser estas novas economías unha alternativa real ao modelo dominante? Cal é a realidade empresarial destes modelos? Que papel podan xogar no emprego e nas condicións laborais das persoas? Qué entidades forman parte? Cales son os seus principios reguladores? Existen casos exitosos que podan servir de exemplo?

Na Xornada: “Oportunidades de emprego a través da Economía Social e as Novas Economías” tratarase de reflexionar en común arredor destas cuestións e coñecer casos reais que contribúan a difundir boas prácticas.

Obxectivos

Dar a coñecer a realidade empresarial e as oportunidades de emprego que representan a Economía Social e as chamadas Novas Economías: Economía do Ben Común, Solidaria, Colaborativa, etc...

Divulgar as súas características direrenciadoras, principios reguladores e entidades que forman parte.

Coñecer exemplos e casos de éxito vencellados á Economía Social e Novas Economías.

PROGRAMA

INSCRICIÓN

 

AdjuntoTamaño
Cartel_Seminario_UGACOTA.pdf468.36 KB
Triptico_Seminario_Ugacota.pdf326.75 KB