NUESTRA ACTIVIDAD
Sector: 
Cultural
Misión: 

Catro Ventos Editora é unha cooperativa de traballo asociado sen ánimo de lucro fundada en Vigo en 2016 e constituída por catro persoas socias, todas procedentes e especializadas en diferentes eidos, pero cuns valores e preocupacións comúns.

A idea de pór en marcha a editorial xurdiu da combinación de dous elementos igual de importantes: o desexo de poder desenvolver unha actividade profesional que non só sexa viable economicamente, mais tamén coherente cos principios éticos das persoas socias que participamos no proxecto; e a constatación de que existe un baleiro no mundo editorial galego nos eidos da economía social e da ecoloxía, malia o interese cada vez maior da sociedade en xeral por estas cuestións.

Desde o comezo tivemos claro que o noso era o modelo da economía alternativa e solidaria, no que os principios éticos, ambientais e sociais son cando menos igual de importantes cós principios económicos e profesionais.

Productos / Servicios: 

Estamos especializados na tradución ao galego de obras sobre economía social, ecoloxía, consumo responsable, educación e crianza alternativas, e dereitos humanos.

>Polo momento publicamos dous libros: Transición ecolóxica, manual de uso e A ruta dos refuxiados. Ademais colaboramos con Karma Films para que o DVD do documental Demain (Mañana) teña tamén os subtítulos en galego.

Actividad: 

Edición de libros

Ámbito: 
Comunidad Autónoma
Dirección y contacto
Persona de contacto: 
Isidro Dozo / Miguel Braña
Correo electrónico: 
catroventos@catroventos.gal
Dirección: 
Rúa Ferrería, 25 – Baixo
Localidad y Código Postal: 
36202 – Vigo
Provincia: 
Pontevedra
Teléfono 1: 
699 236 846
Teléfono 2: 
628 833 525
Imágen
Buenas prácticas